PSA Vigo competirá por un novo modelo ¿Volverán coa chantaxe?

PSA Vigo competirá por un novo modelo ¿Volverán coa chantaxe?

PSA Vigo competirá por un novo modelo ¿Volverán coa chantaxe?

Economía

CIG CITROEN

A factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën optará á adxudicación dun novo modelo, para o que terá que competir "con todas as plantas do grupo en Europa", segundo confirmou este venres o director da planta Yann Martin.

Tras manter un encontro co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e co conselleiro de Economía, Francisco Conde, o director da planta viguesa ha avanzado que, a partir da próxima semana, un grupo de traballo comezará a elaborar o plan industrial para optar a ese novo modelo, do que non quixo dar máis detalles por razóns de confidencialidade.

Por outra banda, Núñez Feijóo anunciou que, no caso de que non prospere o debate e votación da emenda para modificar a Lei do Chan, a Xunta tramitará un proxecto de lei de lectura única e cun único artigo para que a fábrica viguesa poida reordenar o seu espazo, evitando o bloqueo provocado pola anulación da PXOM e para non pór en risco os seus futuros proxectos.

http://www.cigcitroen.com/2016/02/psa-vigo-competira-por-un-novo.html

KirolgzPSA Vigo competirá por un novo modelo ¿Volverán coa chantaxe?
posicionamiento en buscadores