O Supremo confirma 6 anos de prisión para Marcial Dorado por branquear capitais do narcotráfico

O Supremo confirma 6 anos de prisión para Marcial Dorado por branquear capitais do narcotráfico

O Supremo confirma 6 anos de prisión para Marcial Dorado por branquear capitais do narcotráfico

Actualidad

O Tribunal Supremo acaba de confirmar a pena imposta no seu día pola Audiencia Nacional ao narcotraficante Marcial Dorado por branquear capitais provenientes do tráfego de estupefacientes. Son 6 anos de prisión.

Marcial Dorado é un nome indisolubelmente ligado á biografía política de Alberto Núñez Feijóo desde a publicación en marzo de 2013 dunha información por parte de El País en que se daba a coñecer a relación de amizade que mantiveron a mediados dos anos 90. Na época en que eran amigos e partillaban viaxes en iates, Marcial Dorado xa fora detido dúas veces acusado de contrabandista -en 1990 polo xuíz Garzón dentro da Nécora- e Feijóo era unha figura ascendente no PP e en diferentes escalóns da administración pública, desde a galega á estatal.
 
Feijóo sempre negou que coñecese as actividades ilegais de Dorado. Porén, esta amizade -non a única perigosa do presidente, íntimo tamén de Pachi Lucas, o conseguidor da Operación Zeta.- acabou por se tornar nun atranco para as súas opcións de facer carreira política no Estado.
 
O Supremo vén agora confirmar a sentenza da Audiencia Nacional a Marcial Dorado en relación ao branqueamento de diñeiro procedente do narcotráfico. Aliás, anula a súa absolución polo delito de revelación de segredos.
 
A condena carrexa tamén o pagamento dunha multa por valor de 21,5 millóns de euros.
 

KirolgzO Supremo confirma 6 anos de prisión para Marcial Dorado por branquear capitais do narcotráfico
posicionamiento en buscadores
Vive Sex Shop - Tienda online de Juguetes eróticos